ConcellosÚltima hora

A Universidade de Vigo doa a San Xoán de Río 300 pantallas protectoras faciais

Repartiranse a partir de mañá no Concello entre a xente que as necesite, segundo adianta o alcalde de Río

Unha das pantallas recibidas polo Concello de Río./ Foto cedida.

 

San Xoán de Río vén de recibir unha doazón de 300 pantallas protectoras faciais por parte da Universidade de Vigo. “Foi concretamente a Plataforma Uvigo-Asime-Valver, coordinada institucionalmente por a Vicerreitoría de Transferencia da Universidade de Vigo”, informa o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Ademais o rexedor adianta que a partir de mañá repartiranse no Concello de 9h a 14 h. “para a xente que as necesite”.

Aquí pode verse un vídeo sobre as pantallas, así como recomendacións antes de usalas (imaxes cedidas).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button