Para o 2 de febreiro está prevista a V edición da Andaina do Chourizo, unha proba lúdico-deportiva que organiza o Club Montaña Trives no marco da Festa do Chourizo de Vilanova.
O punto de partida para esta actividade (a primeira do ano que organiza o club e tamén das máis esperadas pola xente) será a praza do Pilón na Pobra de Trives ás 10h. Dende aí os participantes iniciarán un traxecto que cubrirá unha distancia de 10 km pasando por Sas, Pena Folenche, San Mamede e Vilanova. Ten unha dificultade media e ao remate, previsto para as 12:30h. aproximadamente, todos os participantes poderán degustar un chourizo quente, Bica de Trives, viños da zona e demais refrixerios.
As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición, ata o 31 de xaneiro, na Oficina de Turismo de Trives ou ben a través do correo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O prezo será de 5 euros para os socios do club e de 8 euros para os que non o sexan.