EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A V Bacofesta da Rúa en imaxes

Dende a tarde do 10 de agosto a localidade valdeorresa da Rúa recrea o seu pasado romano e faino rendendo culto ao deus do viño: Baco. A área recreativa do Aguillón acollerá ata a noite do 12 de agosto a V Bacofesta con degustacións de viños de diferentes adegas da Denominación de Orixe Valdeorras, así como con concertos, obradoiros diversos, xogos, exhibicións de cetrería ou xantares populares.

Nesta galería de fotos amosabamos o ambiente que se vivía na noite do sábado 11 de agosto no recinto feiral da Bacofesta. Multitude de persoas ataviadas boa parte delas con prendas da época romana percorrían os expositores das adegas.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/a-rua-rendese-ao-deus-romano-do-vino/

Artigos relacionados

Back to top button