CulturaCulturaÚltima hora

A.V. Corzo, autor de “La Ira del Cerval” celebra o Día do Libro deixando un exemplar do seu libro nun banco do Barco

 

Hai tres meses Alberto Vázquez Corzo (A.V. Corzo), veciño do Barco, publicaba La ira del cerval (Editorial Adarve), un thriller nacido en Valdeorras que mestura intriga, amor e lendas na Galicia profunda. Entre lendas e feitos reais se suceden as páxinas desta novela na que o seu autor xoga coa intriga e unha trepidante narración para levar ao lector, xunto co protagonista, ao límite da súa resistencia na busca da solución ao enigma.

É un libro nacido en tempos de pandemia e, por tanto, sen as habituais presentacións e presenza en feiras, por iso o seu autor decidía celebrar dun xeito especial o Día do Libro que se conmemora neste 23 de abril.

“Hoxe levanteime algo melancólico. Fáltanme as feiras, os libros nos postos e o movemento de xente buscando unha nova aventura”, asegura Alberto, explicando que para celebrar este extraño Día do Libro “afastado dos lectores e sumándome a outros autores en moitos lugares do planeta”, deixou un exemplar de La ira del Cerval nun banco do Barco de Valdeorras “para quen o atope”. Unha bonita forma de manterse “cerca” dos lectores.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button