EconomíaEconomíaÚltima hora

A V Feira de Outono de Verín posponse para o 7 e 8 de decembro debido ao mal tempo

Imaxe dun dos expositores dunha edición anterior./ Foto: Concello de Verín.

 

O Concello de Verín pospón a Feira de Outono programada para os días 9 e 10 de novembro debido á previsión de inclemencias meteorolóxicas. O evento se trasladará ao 7 e 8 de decembro, unificándoo coa Feira de Nadal.

Manuel Lorenzo, concelleiro de transportes, Feiras e Hostalería explicou que «a máis que probable previsión de fortes chuvieiros, unido á proximidade da Feira de Nadal foron os factores determinantes para decidir este cambio de datas». Doutra banda, Lorenzo anunciou tamén que hoxe se abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal.

Feira de Nadal

Os vindeiros 7 e 8 de decembro, terá lugar en Verín a quinta edición da Feira de Nadal na Praza do Concello, centrada na temática natalicia. Todos os expositores interesados en instalar unha caseta xa se poden inscribir no Concello de Verín (Planta baixa).

As persoas interesadas en montar un stand na feira deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto e decoración do seu stand.

 

Artigos relacionados

Back to top button