En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A V Festa Coveira de Arcos (Vilamartín) supera as expectativas

Mil persoas desfrutaban desta singular celebración en antigas adegas soterradas

Viño, variados e saborosos pinchos, música e todo isto nun entorno moi especial: as covas. Arcos (Vilamartín) vivía intensamente na tarde e noite do 14 de xullo a V Festa Coveira. Multitude de persoas se sumaban a esta celebración. Tantas que se superaban as expectativas. Na festa participaban un millar de persoas, xa que o aforo estaba limitado a esta cifra, pero eran moitísimas as que se quedaban fóra. “Houbo multitude de xente á que tivemos que dicirlle que non, xa que a entrada estaba limitada a mil”, din dende a organización.

A partires das sete e media da tarde dez adegas abrían as súas portas ao público que as percorría degustando os seus viños brancos e tintos, acompañados de multitude de pinchos entre os que este ano, como novidade, había unha parrillada de panceta ao aire libre nunha das prazas do percorrido. O ambiente estaba animado pola música e os cantos de Os Bertolini de Manzaneda.

En torno ás once da noite, as covas ían pechando, tras o paso da procesión de Don Godellín, desta volta rodeao de faroliños e acompañado polo son tradicional dos Bertolini, e a festa traslábase ás proximidades do arroio onde continuaba, cunha multitude de persoas, ata a madrugada ao ritmo dun Dj.

Esta V Festa Coveira ten sido organizada pola Asociación de Coveiros de Arcos en colaboración co Concello de Vilamartín. Dende a organización tamén se agradece a colaboración de todas as persoas que axudaron “desinteresadamente cos prepativos nas covas” e tamén á participación da xente que veu á festa, “esperamos que o ano que vén nos volvan acompañar”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button