EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A “V Noite Branca” acende o comercio e a hostalaría barquense ao ritmo de charangas e degustacións

Unha trintena de establecementos de comercio e hostalaría sumábanse a esta exitosa edición

Na tarde-noite do 23 de xuño O Barco era unha festa. A V Noite Branca, organizada polo Centro Comercial Aberto, enchía do intenso ritmo das charangas Támega e Mekánika cada recuncho da vila e tamén do son tradicional dos Bertolini de Manzaneda. A música era o anuncio de catro horas, de oito a medianoite, nas que o comercio prolongaba o seu horario habitual ofrecendo descontos de ata un 20%, ademais de deliciosas e variadas e deliciosas degustacións que ían dende froita, variados doces e mesmo gominolas ata empanada e tortillas, acompañadas de bebidas refrescantes como a sangría, ideais dadas as altas temperaturas da xornada.

Numerosas persoas visitaban os 30 establecementos participantes nesta edición para probar e mercar diversos artigos. Tamén a hostalaría se sumaba á cita, así no Restaurante Piquiño, no Vinum, Divino Paseo, A Larpeira e A Malteria ofrecíanse degustacións de “pincho especial Noite Branca”.

Outra das propostas era a exhibición de zumba que ofrecían as alumnas das Escolas Municipais de Deportes do Barco na praza Andrés de Prada (máis información e fotos https://osil.info/a-zumba-envolve-a-noite-branca-do-barco/). A música non deixaba de soar ata a medianoite nunha festa do comercio con numerosa participación.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button