En portadaÚltima hora

A vacinación contra o Covid volverá a Vilamartín de Valdeorras o 4 de xaneiro

Ata a residencia Virxe dos Milagres desprazaranse os equipos 10 e 11 de vacinación. Será un dos centros ourensáns onde se administrará mañá a vacina

 

Os once equipos especiais de vacinación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras continuarán mañá luns, 4 de xaneiro, coa súa cuarta xornada dentro da primeira fase da vacinación Anticovid que se está a desenvolver “sen incidencias e, ata o momento, cumprindo cos obxectivos en canto ao número de vacinas administradas marcados pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia”, tal e como informa o Sergas.

Novamente o luns, desde a primeira hora da mañá, os equipos formados polos/as vinte e dous enfermeiros/as voluntarios/as visitarán un total de dez residencias de maiores, entre elas unha vilamartinesa, e discapacitados e vivendas comunitarias espalladas por toda a provincia. Prevese administrar un total de 573 vacinas, o que suporá que ao final da xornada xa haberá preto de 3.000 ourensáns vacinados.

A xornada de mañá seguirá presentando unha meteoroloxía adversa en determinadas zonas da provincia pero que non impedirá o acceso dos equipos e do transporte das vacinas ata o seu destino.

A distribución prevista para os equipos especiais de vacinación para mañá, que estarán reforzados polos enfermeiros/as dos equipos sen actividade, é a seguinte:

– Equipo 5: VIVENDA COMUNITARIA TERCEIRA IDADE SOLPOR (CARTELLE), VIVENDA COMUNITARIA MARIVI BLANCO (CARTELLE), VIVENDA COMUNITARIA O FIADEIRO (GOMESENDE)
– Equipo 7: VIVENDA COMUNITARIA SAMPEDRO (A MERCA), FOGAR RESIDENCIAL SAMPEDRO II (A MERCA)
– Equipo 8: RESIDENCIA DE ADULTOS DE VELLE – ASPANAS (OURENSE)
– Equipo 9: VIVENDA COMUNITARIA O NOSO FOGAR DA LIMIA 1 E 2 (XINZO DE LIMIA), VIVENDA COMUNITARIA (VILAR DE SANTOS)
– Equipos 10 (Gemma Rodríguez e Carla Correia) e 11 (Andrea Álvarez e Tania Álvarez), ambos con persoal do Centro de Saúde do Barco: RESIDENCIA VIRXE DOS MILAGRES (VILAMARTÍN DE VALDEORRAS).

Artigos relacionados

Back to top button