SanidadeÚltima hora

A vacinación de persoas de 60 a 65 anos comezará mañá no Barco, Verín e Ourense

 

Mañá martes está previsto que comece a vacinacion contra o Covid-19 de usuarios de idades comprendidas entre 60 a 65 años e posteriormente de 75 a 79 anos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. No caso da cidade de Ourense farase no recinto de Expourense, mentres que no distrito sanitaro do Barco será no Hospita Público de Valdeorras e no Verín, no hospital verinés.

Así para a tarde do martes prevese a administración de 2.385 doses de AstraZeneca a usuarios de 60 a 65 anos. Delas, 1.725 serán inoculadas en Expourense, 330 no Hospital de Valdeorras, e 330 no de Verín, tal e como informa a Consellería de Sanidade.

Para o mércores está programado que se vacinen 4.365 persoas de 60 a 65 anos, tamén coa vacina de AstraZeneca: 3.540 en Expourense, 495 no Hospital de Valdeorras e 330 (mañá) no de Verín.

Ademais, de xoves a domingo, administraranse 12.600 doses de Pfizer a usuarios 75 a 79 anos: 10.100 en Expourense, 1.200 en Valdeorras (agás o domingo) e 1.300 en Verín (agás o domingo).

Así, está previsto que de martes a domingo se poñan 19.350 doses de vacinas contra o Covid na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco: 15.365 en Expourense, 2.025 en Valdeorras e 1.960 en Verín.

Ademais, dende Sanidade indican que se modifica o criterio de chamada ás persoas para a vacinación por grupos de idade, que agora “será de maior a menor”, é dicir, comezarase pola persoa de máis idade do grupo, polo que xa non se seguirá o sorteo de letras.

 

Persoal de enfermería dos equipos de vacinacion, persoal de admisión e de soporte informático da Área Sanitaria ultimando os detalles da vacinacion masiva en Expourense dos vindeiros días.

Artigos relacionados

Back to top button