En portadaÚltima hora

A vacinación do Covid chegará mañá á Rúa, Chandrexa e Parada de Sil, entre outros puntos da provincia

 

A segunda xornada de vacinación da Covid na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras completábase sen “ningunha incidencia salientable”. A coordinadora dos 11 equipos especiais (dous deles do Centro de Saúde do Barco) que están a desenvolver esta campaña, Verónica Civeira, indiciaba que “tiveron unha fantástica acollida tanto polos usuarios como polo persoal dos centros visitados que expresaron en todo momento a súa felicidade e enorme ilusión por recibir a primeira dose desta vacina”.

Novamente mañá xoves 31 de decembro, último día do ano, e desde a primeira hora da mañá os equipos formados polos/as vinte e dous enfermeiros/as voluntarios/as visitarán un total de quince residencias de maiores e discapacitados e vivendas comunitarias espalladas por toda a provincia e prevese administrar un total de 700 vacinas nunha xornada que estará marcada polo adversa climatoloxía pero que non impedirá o acceso dos equipos e do transporte das vacinas ata o seu destino.

Esta é a distribución dos equipos especiais que mañá chegarán as quince residencias de maiores e de discapacidade de varias zonas da provincia. Os integrantes dos equipos non mencionados na relación reforzarán ao resto dos equipos.

* Equipo 1: RESIDENCIA DE ADULTOS O CABACEIRO (PADERNE DE ALLARIZ), RESIDENCIA PARA DISCAPACITADOS GRAVEMENTE AFECTADOS NUESTRA SEÑORA DE LOS MILAGROS (BAÑOS DE MOLGAS), RESIDENCIA ANSUIÑA (BAÑOS DE MOLGAS)
*
* Equipo 4: VIVENDA COMUNITARIA RESIDENCIAL SAN GABRIEL (XINZO DE LIMIA), RESIDENCIA DE MAIORES (PORQUEIRA), VIVENDA COMUNITARIA A TUA OUTRA CASA (SARREAUS).
* Equipo 5: RESIDENCIA NUESTRA SEÑORA DEL MUNDIL (CARTELLE), VIVENDA COMUNITARIA DE XACEBÁNS (QUINTELA DE LEIRADO)
* Equipo 6: RESIDENCIA GERIATRICA LUCES DEL SIL (PARADA DE SIL)
* Equipo 7: RESIDENCIA SAN CARLOS (CELANOVA)
* Equipo 8: RESIDENCIA PARA PERSOAS MAIORES (CHANDREXA DE QUEIXA)
– [ ] Equipo 9: RESIDENCIA DE DISCAPACITADOS ADULTOS MORGADE (XINZO DE LIMIA, RESIDENCIA DE MAIORES SANTA MARIÑA (XINZO DE LIMIA)
* Equipos 10 e 11: RESIDENCIA NUESTRA SRA. DE FATIMA (A RÚA)

Artigos relacionados

Back to top button