En portadaÚltima hora

A vacinación do Covid chegará mañá ao Barco e a Vilamartín

Dous dos 11 equipos de vacinación da área sanitaria ourensá desprazaranse ao centro de Asfaval e á residencia vilamartinesa A Natividade de María

 

A primeira fase da campaña de vacinación fronte á Covid-19 na provincia de Ourense continuará mañá mércores 30 de decembro coa administración de 740 doses de vacina en dezaseis residencias sociosanitarias da provincia ourensá. Na xornada de mañá mércores prevese vacinar a 740 persoas (464 residentes e 276 traballadores) nos concellos de O Barco, Vilamartín de Valdeorras, A Mezquita, Esgos, Nogueira de Ramuín, Allariz, O Pereiro de Aguiar e Ourense.

Tras a apertura esta mañá da vacinación na vivenda Comunitaria de San Marcos de Cudeiro, a Área Sanitaria de Ourense comeza polo tanto coa programación xa establecida e coordinada pola Subdirección de Enfermaría de Atención Primaria que ponen marcha todo o dispositivo necesario para efectuar unha vacinación áxil e segura dapoboación ourensá.

Polo tanto mañá a partir das 8h. da mañá os dez equipos asignados recibiráns ecuencialmente o cargamento de vacinas transportado desde o almacén central de Santiago ata o interior dos centros a vacinar onde serán recepcionadas polos equipos especiais de vacinación (dous deles do Centro de Saúde do Barco) que serán os encargados de “comprobar a idoneidade do envío, certificar de que se mantivera axeitadamente a cadea de frío e de preparar os viais deforma segura para administrar a vacina. Asemade cobra vital importancia o labor da coordinación loxística da Área Sanitaria de Ourense que establece para cada xornada os circuítos axeitados para a recepción das vacinas, a súa distribución por toda a provincia, así como do desprazamento diario dosequipos especiais polos centros asignados”, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Esta é a distribución dos equipos especiais que mañá chegarán as dezaseis residencias de maiores e de discapacidade de varias zonas da provincia. Entre eses centros estará a Residencia A Natividade de María de Vilamartín de Valdeorras e a Residencia de Persoas con Discapacidade de Asfaval, no Barco.

Oos once equipos de enfermería configurados pola coordinación decampaña está formados por 22 profesionais sanitarios da provincia. “Na súa experiencia pivotará toda a campaña de vacinación poboacional que se acometerá nos vindeiros meses”, segundo Sanidade.

Ademais a consellería tamén lembra que a provincia de Ourense presenta “a maior concentración de persoas institucionalizadas e de persoas coidadoras de toda Galicia, o que constitúe un reto adicional ao que a propia situación implica. Non obstante, a experiencia acumulada nos anos precedentes, a tradicional atención que desde a Atención Primaria se ven prestando a estas persoas, e o firme liderado que a enfermería da provincia exerce neste eido, garanten alcanzar osobxectivos desta campaña de vacinación”.

Artigos relacionados

Back to top button