SanidadeÚltima hora

A vacinación do Covid no persoal do Servizo de Axuda no Fogar empezará mañá en Galicia

 

O persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) comezará a vacinarse contra o Covid mañá. Así o vén de anunciar o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa que ofrecía esta mañá para dar conta dos asuntos abordados na xuntanza de onte do Comité Clínico de expertos que segue a pandemia do Covid-19 en Galicia.

Seranlles administradas as vacinas de AstraZeneca que recibía Galicia o pasado luns. Chegaban un total de 11.100 doses. “Mañá comezarase a vacinación dos traballadores do SAF de menos de 55 anos, en pararelo co resto de grupos que xa tiñamos establecidos. Tivemos que adaptar o protocolo”, aseguraba Julio García.

Ademais o conselleiro indicaba que se comezará usando as listaxes que se lles faciiltaron dende a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e dos concellos.

 

Artigos relacionados

Back to top button