CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

A ‘Valdeorras Perullo Cup’ 2022 reunirá no Campiño de Viloira (O Barco) a 35 equipos de fútbol base

O torneo desenvolverase do mércores día 15 ao domingo día 19 de xuño

 

Dende o mércores día 15 e ata o domingo 19 de xuño, o Campiño de Viloira (O Barco) reunirá a un total de 35 equipo de fútbol base, dende prebenxamín ata xuvenil, para participar na ‘Valdeorras Perullo Cup’ 2022, o torneo de fútbol organizado polo Centro de Deportes Barco.

A maioría dos equipos proceden da Rúa e do Barco pero tamén os hai doutros puntos da comarca como  Sobradelo, Córgomo ou Vilamartín, así como de Viana, de Trives, do Bierzo, de Rivadavia e de Ourense, entre outros.

Segundo o calendario feito pola organización, as finais benxamín, infantil e alevín celebraranse o sábado pola tarde, quedando para o domingo pola tarde as finais perbenxamín, cadete e xuvenil.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button