DeportesÚltima hora

A valdeorresa Eva Arias, entre os 28 atletas galegos que están no top 5 absoluto do ránking nacional

Esta corredora, que compite como independente, ocupa o segundo posto na proba dos 2.000 m obstáculos
A atleta valdeorresa Eva Arias./ Foto cedida.

 

Un total de 28 atletas galegos están ocupando os cinco primeiros postos de honra nas distintas probas do calendario de atletismo nacional. Así o vén de facer público en outubro a Federación Galega de Atletismo (FGA), xusto uns días antes do inicio da nova tempada.

Nesta listaxe a única representante valdeorresa é Eva Arias, que se atopa nun destacado segundo lugar do ránking nos 2.000 obstáculos. Esta atleta, que corre como independente, conta ademais cunha marca de 6:51.32 na citada proba.

 

Atletas galegos no Top 5 absoluto do ránking nacional./ Fonte: FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button