DeportesÚltima hora

A valdeorresa Eva Arias, novena na semifinal dos 1.500 m no campionato de España absoluto de pista cuberta

Esta competición estase a celebrar en Expourense durante esta fin de semana

Eva Arias, co dorsal 508, durante a proba dos 1.500 en Expourense./ Foto cedida.

 

Valdeorras estaba representada na proba dos 1.500 metros do campionato de España absoluto de atletismo en pista cuberta que se está a desenvolver nesta fin de semana en Expourense. A vilamartinesa Eva Arias, que compite coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra, tomaba a saída nesta proba de gran nivel na que se situaba novena na semifinal, cun tempo de 4:39.55.

A vencedora desta carreira era Carla Masip (C.E. Vinaros) cun crono de 4:30.87, mentres que en segundo lugar entraba Solange Pereira (Valencia Sports), unha atleta ben coñecida en Valdeorras pola súa participación na Milla do Barco e que completaba a carreira en 4:31.03.

 

Outro dos momentos da carreira./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button