DeportesÚltima hora

A valdeorresa Eva Arias sitúase no alto do ranking nacional máster en 1.500 ml

A atleta lograba un rexistro de 4:42 no control de marcas de pista cuberta celebrado o sábado en Salamanca

A atleta Eva Arias, durante unha competición./ Foto cedida.

 

Nesta fin de semana a valdeorresa Eva Arias Aira, que viste as cores da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, encetaba a tempada en pista cuberta nun control de marcas. Competía na mañá do sábado 30 de xaneiro en Salamanca, logrando unha destacada marca nos 1.500 ml. Quedaba cuarta nesta proba, cun tempo de 4’42” “que me sitúa na primeira posición do ranking nacional máster”, desta esta atleta, natural de San Miguel de Outeiro (Vilamartín).

Era a súa primeira proba de pista cuberta nesta tempada e Arias non descarta que sexa a última, tendo en conta que “por desgraza estanse a anular a maioría de competicións, situación difícil a verdade”, comenta.

Artigos relacionados

Back to top button