AletismoDeportesEn portadaÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo, convocada para a Selección Galega de campo a través

Ademais está convocada a súa compañeira no Club Adas, María Cedrón

A barquense Inés Docampo, nunha imaxe tomada tras unha competición./ Foto: A.R.

 

Dende a Federación Galega de Atletismo vén de publicarse a listaxe de atletas convocadas (a proposta do responsable e do director técnico da FGA) para a Selección Galega feminina de campo a través que representará a Galicia no Campionato de España por Federacións, previsto para o vindeiro 30 de xaneiro en Xaén.

Entre as convocadas figura a valdeorresa Inés Docampo, do Club Adas do Barco. En concreto, esta atleta incluída na Selección Sub20 feminina. Nesta lista tamén está a monfortina María Cedrón do Club Adas (na Selección Sub23), así como Begoña Domínguez (na selección sénior) e Antía Castro (na Sub20), ambas do Ourense Atletismo.

 

Fonte: FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button