OurenseÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo, entre os 23 atletas confirmados na concentración galega de Nadal do sector de medio fondo e fondo

Esta atleta do Club Adas Barco asistirá a este encontro previsto do 27 ao 29 de decembro en Ourense
A atleta Inés Docampo do Adas./ Foto: A.R.

 

Ourense acollerá entre os días 27 e 29 de decembro a concentración de Nadal do sector do medio fondo e fondo galego. Nel, e unha vez pechado o prazo de confirmación para asistir, está prevista a presenza duns 23 atletas galegos entre os que figura a valdeorresa Inés Docampo Gamarra (Sub18) do Club Adas do Barco, tal e como informa a Federación Galega de Atletismo (FGA).

A representación dos clubs ourensáns complétase con Martín Rivera (Sub18), Carolina Santos (Sub16), Mar Díaz (Sub16) e Antía Castro (Sub18) do Ourense Atletismo.

Artigos relacionados

Back to top button