DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo, terceira no campionato galego de cross Sub18

 

Entre os cinco podios que colleitaba o Club Adas na xornada do 26 de xaneiro na Rúa estaba o da barquense Inés Docampo (Club Adas). Conseguía o terceiro posto no 30º Campionato de Galicia Sub18 feminino.

A carreira de 3,8 km dominábaa Carla Guisande (C.S.C.R. Beade) cun tempo de 15:25, que entraba en meta seguida de Nerea Lage (A. Friol). Inés Docampo completaba o circuíto do Aguillón nun tempo de 15:39 e facíase dese xeito co bronce nesta cita galega. Por equipos, o Ourense Atletismo facíase co segundo posto feminino.

Ademais na Rúa celebrábase o galego Sub18 masculino, no que o Ourense Atletismo facíase co bronce por equipos.

Xa no 15º Campionato de Galicia Sub16 o mellor resultado individual viña da man de Marcela Morgado do Ourense Atletismo, que lograba a vitoria en clubs tanto na categoría feminina como na masculina.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-adas-subcampion-galego-de-campo-a-traves-mixto-por-relevos/
https://osil.info/dobre-ouro-para-o-adas-no-campionato-de-galicia-de-cross-de-menores/
https://osil.info/a-competicion-galega-de-cross-brilla-na-rua/

Artigos relacionados

Back to top button