DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A valdeorresa Isabel Vázquez, no equipo de adestradores do I Campus Tec Fútbol Feminino, en Carballo

O campamento, celebrado entre o 15 e o 17 de abril, contou cun total de 30 inscritas

Tres intensos días de fútbol e bo ambiente. É o que ofrecía o I Campus Tec Fútbol Fem celebrado en Carballo (A Coruña) entre o 15 e o 17 de abril. Un campamento de fútbol feminino que reuníu a un total de 30 nenas de lugares como A Coruña, Laxe, Santa Comba, Arteixo ou Carballo.

Varios foron os adestradores que formaron ás cativas, entre as que estaba a valdeorresa Isabel Vázquez, adestradora do equipo feminino das Escolas de Fútbol de Carballo. Ela mesma explica que ao longo das tres xornadas contaron coa visita de xogadoras de alto nivel como María Gómez (Viaxes Amarelle de 1ª división de fútbol sala), Alicia San Martín (Crat de rugby) e Susú Cores (seleccionadora galega sub14,…

Ademais de de fútbol, as cativas asistiron a unha clase maxistral de rugby e outra de judo a cargo de Arsenio Velasco (PF do Victoria e instructor); e na entrega de diplomas, contaron coa presenza de Teresa Abelleira e Iris Arnaiz (Deportivo Abanca).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button