Galerías de fotosÚltima hora

A valdeorresa Laura Fidalgo Del Pont, coroada Miss Curvys Internacional Ourense

A xove barquense ira á final nacional que se celebrará o 23 de novembro en Madrid

Leva catro anos en marcha e nesta edición de 2018, o certame de beleza Miss Curvys Internacional conta cunha valdeorresa entre as finalistas.

A Laura Fidalgo Del Pont, natural do Barco de Valdeorras, gústalle o mundo da moda e da beleza, de feito estudou un ciclo medio de confección e moda e entre os seus proxectos de futuro está estudar outro ciclo superior de caracterización e efectos especiais para cine. Por iso, non é de extrañar que a animaran e finalmente convenceran para inscribirse no cásting vía Internet do certame para a provincia de Ourense, do que resultou gañadora, sendo coroada Miss Curvys Internacional Ourense nunha gala celebrada o 22 de setembro en Ciudad Real.

Orgullosa das súas curvas e con só 19 anos, Laura será unha das 24 candidatas que participarán na gala nacional de Miss Curvys que terá lugar o 23 de novembro en Fuenlabrada (Madrid). Alí, serán varias as bandas que imporán ás finalistas, entre elas a de Miss Popularidade que poderá votarse a través de Internet. Con todo, o gran premio serán a banda e a coroa de vencedora do certame que lle dará o pase á final internacional que se celebrará xa no 2019 na República Dominicana.

Fotos: Facebook Miss Curvys Internacional Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button