DeportesEn portadaÚltima hora

A valdeorresa Leticia Gil, campioa de España absoluta de lonxitude

Leticia Gil, no podio dunha competición anterior./ Cedida.

 

Cun salto de 6,69 m, novo récord galego e mellor marca nacional do ano, a atleta Leticia Gil (Playas de Castellón), natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), vén de proclamarse campioa de España absoluta de salto de lonxitude, no concurso máis caro da historia, quedándose a escasos CMS da mínima olímpica.

Pola súa banda, Carlos Revuelta (AD Marathon), foi sétimo en martelo cun moi bo lanzamento de 62,68 m e Belén García Arias (Adas) non podía acceder á final dos 400 valos, ao quedar oitava da súa semifinal.

 

Artigos relacionados

Back to top button