En portadaÚltima hora

A valdeorresa Leticia Gil, ouro en lonxitude no campionato de España absoluto

Vén de facerse co título no nacional de pista cuberta de atletismo, celebrado este 17 de febreiro en Antequera
A atleta valdeorresa Leticia Gil, emocionada tras facerse co ouro absoluto en lonxitude no campionato de España./ Foto: FGA.

Cunha marca de 6.25 m a valdeorresa Leticia Gil (Alcampo Scorpio) vén de coroarse como campioa de España absoluta na proba feminina de lonxitude no nacional de pista cuberta, que se celebraba neste 17 de febreiro en Antequera. Gil impoñíase cunha marca de 6.25, avantaxando á segunda clasificada, Cora Salas (CA Igualada) con 6.23.

Con bágoas de emoción reaccionaba esta plusmarquista valdeorresa tras saberse posuidora do título nacional no salto de lonxitude.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close