DeportesÚltima hora

A valdeorresa Leticia Gil, ouro no galego absoluto en lonxitude

A atleta valdeorresa Leticia Gil proclamábase campiona galega absoluta o 7 de xullo na Coruña./ Foto: Carlos G. Hervella.

As probas do campionato galego absoluto de atletismo que se aprazaban o 30 de xuño, pola intensa treboada caída na Coruña, retomábanse o 7 de xullo. Entre elas estaba a competición feminina de lonxitude, onde se impoñía a saltadora valdeorresa Leticia Gil Pérez (Simply-Scorpio 71) cunha destacada marca de 6.15. “Deleitounos cun novo récord do campionato: 6,15 metros, a tan só 5 cms da súa plusmarca galega”, destacan dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Con esta medalla son xa seis as logradas por Valdeorras nesta cita autonómica absoluta. Así, Carlos Revuelta Parra (CA Fent Camí Mislata) conquistaba a prata no martelo (7,26 kg) cunha marca de 59.99 m e José Fernández Nieves (R.C. Celta) proclamábase campión galego na proba de 5 km marcha. Ademais, xa no Club Adas, Leticia Fernández impoñíase no 1500 e Alejo Ares na proba de 3000 obstáculos, mentres que Sandra Mosquera acadaba unha terceira medalla, neste caso de bronce, nos 5.000 m.

Artigos relacionados

Back to top button