DeportesÚltima hora

A valdeorresa Leticia Gil, segunda no encontro internacional de saltos de Lisboa

Esta saltadora de lonxitude, que acudía a esta proba internacional coa selección española, lograba unha marca de 6,37 metros
A atleta valdeorresa Leticia Gil./ Foto cedida.

Excelente estrea de Leticia Gil, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), como internacional. Esta saltadora de lonxitude competía coa selección española este mércores 14 de agosto no Encontro Internacional Portugal-España de Saltos en Lisboa.

En todos os seus saltos lograba superar amplamente os 6 metros e, finalmente, no sexto intento chegou ata os 6,37 metros, resultado que lle valeu a segunda praza. A atleta está moi satisfeita con este debú internacional e estará concentrada na capital portuguesa toda una semana co resto de compañeiros da selección co fin de preparar o vindeiro Campeonato de España ao aire libre, previsto para finais de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button