DeportesKárateÚltima hora

A valdeorresa Lucía Herrero (KC River Stone), na Liga Nacional de Karate Sub21

Perdía en cuartos de final contra a actual campioa, Alba Pinilla

Lucía Herrero Valcarce (primeira pola dereita) coa súa compañeira no CAR Lucía Guerrero, que lograba o bronce na súa categoría.

 

Tralo parón que se viu obrigada a facer hai un mes por positivos de Covid na selección galega de karate da que forma parte, xusto antes de viaxar a Madrid para participar no Campionato de España Sénior, a karateka barquense Lucía Herrero Valcarce, membro do KC River Stone e do Centro de Alto Rendemento (CAR) de Pontevedra, reencontrábase coa competición esta fin de semana, na primeira fase da Liga Nacional Júnior e Sub21 que se disputou en Cheste (Valencia).

Lucía arrastra dende hai un tempo unha lesión de cadeira e así e todo participaba na xornada deste domingo 25 de abril en kumite Sub21 -50 kg, caendo 0-3 en cuartos de final contra a actual campioa, Alba Pinilla. Libraba o primeiro combate e o segundo comezaba perdendo pero lograba remontar e vencía 4-2, quedando fóra en cuartos de final.

“Lucía esperaba que Pinilla chegase á final para poder loitar polo bronce, pero perdía por Hansoku (expulsión) no seu combate, desaparecendo as súas opcións”, explican dende o Karate Club River Stone, engadindo que agora toca “descansar e recuperarse”. Lucía regresaba a casa con bastante mal sabor de boca “porque en xeral tiven un pouco de mala sorte”, asegura, xa que se vía con posibilidades de lograr o bronce. Así e todo, coma sempre está disposta a seguir traballando.

 

Artigos relacionados

Back to top button