CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A valdeorresa Mencía Yano entra na literatura infantil

Vén de publicar un conto en galego  titulado “Vacacións na Aldea” e dirixido a cativos de entre 5 e 7 anos

 

De seguro que a nova publicación da escritora valdeorresa Mencía Yano sorprenderá aos seus lectores habituais. Desta volta, dá un salto da novela erótica a outro campo ben diferente: o da literatura infantil. Así, vén de publicar un conto, escrito ademais en galego, titulado “Vacacións na Aldea” (Meiga Ediciones). Está pensado para nenos e nenas de entre 5 e 7 anos e conta con ilustracións da pintora de Quiroga Amelia Vila.

 

Portada do libro.

 

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button