ConcellosPetínÚltima hora

A valdeorresa Ofir Enríquez será a pregoeira da IX Feira de 1812 en Petín

O pregón será o sábado 4 de xuño ás 13 horas na praza Doutor Quiroga

A escritora valdeorresa Ofir Enríquez (Mencía Yano).

 

Aínda queda un mes pero tras dous anos de parón pola pandemia, son moitas as ganas de recuperar as actividades lúdicas polo que en Petín están ultimando a organización da IX edición da Feira de 1812, organizada pola Asociación Fonte Grande que se celebrará na fin de semana do 4 e 5 de xuño.

Tal como adianta a alcaldesa, Raquel Bautista, seguirá o mesmo esquema de anos anteriores pero tamén con algunha novidade. A principal será a ubicación, pasando das empedradas rúas do casco vello ata a praza e as rúas de arredor, onde se instalarán as adegas, postos e exposicións que participen este ano.

 

 

Coma sempre a feira abrirá de mañá e tarde sendo inaugurada o sábado día 4 ás 13 horas co pregón que nesta ocasión correrá por conta da escritora valdeorresa Mencía Yano (Ofir Enríquez Noia). Ese mesmo día pola noite celebrarase a II Cea Popular de Petín, a partir das 22:30 horas na rúa da igrexa, e regresará unha vella coñecida: a Sonora Petinesa, a banda de música local retirada hai uns anos, que actuará na praza Doutor Quiroga a partir das 00:30 horas.

No caso da tarde do domingo 5 de xuño a música correrá por conta da Real Banda de Gaitas da Deputación (19 horas) que porá o toque tradicional á esta festa que conmemora a Constitución de Cádiz de 1812.

Máis información na edición en papel do Periódico O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button