ConcellosO BarcoÚltima hora

A veciñanza do Barco clama pola reapertura da piscina climatizada

 

Multitude de persoas de diferentes idades se reunían a partir das 19:30h. da tarde deste 20 de outubro nas beirarrúas que rodean a piscina climatizada do Barco, cuxas instalacións levan pechadas dende o ano 2018, tras a renuncia da anterior concesionaria a continuar. Respondían a un chamamento espontáneo, a través das redes sociais, realizado dende o Club Natación Valdeorras para demandar que volva a funcionar este servizo no municipio.

“Esperemos que se poida abrir a piscina neste ano, o inverno está aí e todos sabemos o que é o inverno nesta vila e tamén sabemos os beneficios que ten a piscina e animo á xente a seguir expresando a súa demanda de que se abra para así o escoite o equipo de goberno do Barco que ultimamente parece que dubidaba de canta xente estaría disposta a volver á piscina. Pois iso creo que é unha boa resposta a favor da reapertura destas instalacións”, indicaban dende a directiva do Club Natación Valdeorras.

Ademais neste encontro representantes do club realizaban unha enquisa aos participantes para que, por escrito, deixasen patente a súa petición de que se abra a piscina climatizada.

Dende o Club Natación Valdeorras non descartan que se leven a cabo novas mobilizacións para reinvidicar a recuperación deste servizo perdido dende o 2018.

 

 

Pouco despois desta xuntanza, o Club Natación Valdeorras agradecía a través das súas redes sociais a resposta da cidadanía á súa chamada. “Grazas a tod@ s vosotr@s por vir hoxe. Como se pode ver somos moit@s os que desexamos que reabren as nosas instalacións deportivas. Amosamos que a nosa piscina é importante para tod@ s – nais, pais, nenos, avós, deportistas, veciños do Barco e da comarca. Grazas pola colaboración”.

Tamén manifestaba o club a súa esperanza de que “nos próximos días haxa respostas e detalles que tod@s queremos coñecer”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button