ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

A veciñanza do Castro (O Barco) vólcase nos preparativos da procesión dos Caracois

 

Con sumo coidado e ilusión a veciñanza do Castro (O Barco) ultimaba nesta tarde os preparativos para a tradicional procesión “dos Caracois”, que se recupera logo do obrigado parón de dous anos pola pandemia.

 

 

Nela os caracois e multitude de piñas alumeanlle o paso á Virxe da Soidade. Este material, reunido previamente polos veciños, preparábase para poder prenderse e colocábase nos diferentes puntos da vila do Castro. Todo está xa listo para esta singular procesión, que se celebrará a partir das 22h. deste Venres Santo. Constitúe unha das referencias da Semana Santa valdeorresa e todo un orgullo para a veciñanza do Castro. Con ela o Periódico O SIL compartiu as horas previas a esta celebración para compartirlas, en imaxes, cos nosos lectores.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button