ConcellosRubiáÚltima hora

A veciñanza lograba impedir a entrada das chamas en Vilardesilva (Rubiá)

Tamén foi clave a chegada de 2 motobombas no momento máis crítico na tarde de onte

 

Ata Vilardesilva (Rubiá) tamén se achegaba perigosamente na pasada tarde o incendio forestal que está a devastar a comarca de Valdeorras. A Garda Civil procedía a evacuar a localidade arredor das oito da tarde, pero un pequeno grupo duns 10 veciños decidía quedar no lugar, e organizábase para controlar o avance do incendio. Uns vixilaban en zonas clave, como a do miradoiro, e outros estaban listos para intervir con mangueiras se fose necesario, tal e como contaban ao Periódico O SIL.

Tamén foi clave a chegada, no momento máis crítico, de dúas motobombas a Vilardesilva, o que impedía que as chamas entrasen na localidade.

Imaxes cedidas.

Dende o Periódico O SIL agradecemos a cesión destas imaxes.

 

Artigos relacionados

Back to top button