En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Veiga, a ritmo de folión e máscaras en plena Coresma

A vila acollía un encontro duns trece folións do oriente ourensán na tarde do 9 de marzo

A primeira hora da tarde do 9 de marzo o toque do folión da Veiga soaba novamente por esta localidade, precedido polos Charrelos. Era o anfitrión do desfil, que percorría a localidade e no que tamén participaban outra ducia de folións chegados dende diferentes partes do oriente ourensán, xunto con máscaras como os Boteiros.

Eran os folións de Bembibre (Viana do Bolo), As Maceiras (Trives), Fradelo, Penouta e Ramilo (Viana do Bolo), un folión de Petín, o de Carracedo da Serra (A Gudiña), Cabo da Vila (Viana), Buxán (O Bolo), A Lardeira (Trives), O Tameirón (A Gudiña), Os Labregos (Trives) e Mormentelos (Vilariño de Conso).

Fotos: Torfy

 

Artigos relacionados

Back to top button