ConcellosÚltima hora

A Veiga achégase ás estrelas

Na última fin de semana de setembro este concello valdeorrés celebrará as I Xornadas de Astroturismo
Detalle do cartaz.
Detalle do cartaz.

Unhas 50 persoas procedentes principalmente de distintos puntos de Galicia e Castela e León participarán os días 27 e 28 de setembro (coincidindo co Día Mundial do Turismo) nas I Xornadas de Astroturismo da Veiga. As actividades desenvolveranse na Biblioteca–Centro Tic de A Veiga, agás no caso das observacións astronómicas que se celebrarán nun Miradoiro Estelar , nun punto con baixa contaminación lumínica.

A xornada comezará o venres ás 20:15 na oficina de turismo do Concello de A veiga e os participantes desprazaranse ata o lugar da observación (aínda por determinar).

Este encontro será organizado pola Oficina de Turismo en colaboración con Óscar Blanco e o colectivo Objetivo Nocturno. Debido ao éxito da convocatoria, “preténdese converter estas xornadas nun evento anual, tal e como sucedeu coa observación das Bágoas de San Lourenzo”, segundo se indica dende a organización.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button