En portadaÚltima hora

A Veiga acollerá en outubro o seminario ”Paisaxes de montaña e actividades económicas”

A cuarta edición deste foro celebrarase do 26 ao 28 de outubro e unha das súas novidades será o premio que concederá o Concello da Veiga ao mellor proxecto empresarial que xurda no seu decurso e que se pretenda desenvolver neste municipio
Paisaxe de Trevinca nevada./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As actividades económicas que se poden desenvolver nas paisaxes de montaña sen comprometer os seus valores e calidades serán o eixo dun seminario que se desenvolverá neste outono na Veiga. Levará por título ”Paisaxes de montaña e actividades económicas” e celebrarase os días 26, 27 e 28 de outubro.

A xornada estudará as experiencias que poidan ser de utilidade e avaliará o que se está a desenvolver xa na Veiga e no resto do territorio galego. Así mesmo, pretende sensibilizar ao sector empresarial na cuestión paisaxística, detectar oportunidades económicas vencelladas á xestión da paisaxe para futuros emprendedores, e conformar un espazo de intercambio entre o mundo económico e empresarial e o da sensibilidade paisaxística.

No seminario haberá intervencións de expertos na materia, visitas ao campo para observar sobre o terreo as cuestións tratadas, e unha parte de debate e obradoiro, co fin de facer propostas futuras que redunden na dinamización do rural en base á paisaxe.

No seminario haberá intervencións de expertos na materia, visitas ao campo para observar sobre o terreo as cuestións tratadas, e unha parte de debate e obradoiro, co fin de facer propostas futuras que redunden na dinamización do rural en base á paisaxe. A presentación desta acción formativa tiña lugar na mañá do 3 de outubro no Pazo Provincial e nela participaban o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o coordinador do Seminario e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Valerià Paül.

 

Presentación do seminario na Deputación de Ourense

 

O coordinador deste foro destacou que esta cuarta edición vén a continuar “cunha serie establecida que está a funcionar moi ben e que cada ano trata de ofrecer unha perspectiva distinta: o primeiro ano centrouse especificamente nas montañas de Trevinca, na segunda edición foi sobre turismo e na terceira sobre a cultura e a paisaxe, que vén a completarse nesta ocasión coas posibles actividades económicas que poden desenvolverse nestas paisaxes”.

Paül engadía que as dúas novidades deste ano son: a temática e o premio que concederá o Concello da Veiga ao mellor proxecto empresarial que xurda no seminario e que se pretenda desenvolver neste municipio, é dicir, das propostas que xurdan ao longo do seminario farase unha selección para que vaian á primeira fase dun programa de emprendemento que desenvolve a Fundación Juana de Vega, en caso de que o proxecto pase á segunda fase, o Concello da Veiga sufragará á persoa premiada os gastos de inscrición e desprazamento desde o seu lugar de residencia a Coruña para a realización da fase II do programa, coa condición de que esa iniciativa empresarial se implante na Veiga en 2019.

As persoas que queiran realizar o curso poderán matricularse ata o día 23 de outubro a través da páxina web da Fundación Juana de Vega (www.juanadevega.org).

 

Cartel do seminario.

Artigos relacionados

Back to top button