Publicidade
En portadaÚltima hora

A Veiga acollerá en xullo un foro mundial sobre sustentabilidade nos sistemas rurais

Reunirá a académicos de diferentes nacionalidades entre os días 18 e 20 de xullo

 

Imaxe da Lagoa da Serpe, no teito galego, Trevinca (A Veiga)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O 26º Coloquio Anual sobre a Sustentabilidade dos Sistemas Rurais (CSSR), que organiza a Unión Xeográfica Internacional na que colabora a Universidade de Santiago, celebrarase na Veiga entre os días 18 e 20 de xullo. Contará coa presenza de académicos de diferentes países: Xapón, Australia, China, Portugal, Alemaña, Bélxica, Israel ou Vietnam.

“Este congreso está especificamente dirixido a tender pontes entre diferentes posturas expresadas en debates académicos. O tema central será tratar a sustentabilidade e como se comportan os sistemas rurais infinitos nun planeta finito”, segundo se informa dende o Concello da Veiga.

Este foro terá unha serie de sesións nas que se abordarán cuestións como tender lazos entre redes agroalimentarias arredor do mundo e entre as actividades rurais, tamén se analizarán os diferentes usos do solo e os seus riscos naturais en relación co cambio climático, a expasión urbana, a agricultura e a preservación de espazos abertos, a xestión dos espazos rurais, etc.

O programa tamén incluirá unha visita ao Centro de Transformación de Mel de Prada, a unha explotación forestal na aldea de Meixide, a vivendas rehabilitadas e ao centro de venda de produtos locais. “Finalmente realizarán unha posta en común de ideas que se poderían levar a cabo no territorio veigués”, segundo se adianta dende o Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close