DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Veiga acollerá o Torneo VeigArena Cup para categorías base, o 20 de agosto

No torneo sénior de fútbol praia celebrado o pasado día 3, vencía o equipo do C.D. Barco

Co I Torneo VeigArena Cup celebrado a comezos de agosto, se estreaba oficialmente o campo de area da Veiga. No campionato de fútbol praia organizado polo Concello en colaboración co Centro de Deportes Barco, participaban un total de seis equipos sénior (cinco masculinos e un feminino), proclamándose campión o C.D. Barco. O segundo clasificado foi o equipo San Lorenzo e  terceiro o equipo Trevinca.

Despois desta primeira experiencia, o campo acollerá unha nova competición o vindeiro 20 de agosto. Desta volta será para as categorías base, dende alevín ata cadete, masculino, feminino e mixto. Os equipos deberán estar formados por 5 xogadores e haberá premios para cada categoría. A inscrición será gratuíta, ata o día 16.

 

Fotos: Concello da Veiga.

 

Artigos relacionados

Back to top button