ConcellosÚltima hora

A Veiga aposta por fomentar a natalidade

Inclúe axudas tanto por nacemento como por adopción nos seus orzamentos
Panorámica da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.
Panorámica da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

Loitar contra o despoboamento e incrementar a súa poboación. É un dos obxectivos que se marca o Concello da Veiga e que ten o seu reflexo nos seus orzamentos municipais. A idea é “asentar ou atraer poboación nova para evitar o despoboamento que sufre nos últimos anos”, indican o seu alcalde, Juan Anta. De aí que como unha das medidas a tomar nesa liña o “Concello aprobou en pleno dentro dos seus orzamentos municipais para o ano 2015 axudas á natalidade, tanto por nacemento como por adopción, por importe de ata 2.000 euros”, continúa o rexedor.

Así o réxime de pagamento da axuda acordado será a seguinte: á data de inscrición padroal do nacido 500 euros, ao primeiro ano de residencia efectiva no termo municipal da Veiga 500 euros, ao segundo ano de residencia efectiva 500 euros e ao terceiro ano de residencia outros 500 euros.

Pode obterse máis información sobre esta liña de axudas contactando co Servizo Social do Concello da Veiga no teléfono 988 350000.

Artigos relacionados

Back to top button