ConcellosÚltima hora

A Veiga aposta por ser “un lugar seguro, un destino protexido” a través dun “plan estratéxico”

O Concello pon en marcha unha serie de axudas para os 25 establecementos abertos no municipio

Vista panorámica da vila da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Veiga proxecta acometer unha “reconstrución por sectores da economía local”. Así o vén de anunciar o seu alcalde, Juan Anta. “Na actualidade resulta esencial a colaboración da administración cos empresarios a través da posta en marcha de accións que incentiven a reactivación da economía local e simultáneamente dar seguridade aos veciños e turistas. O obxectivo é propoñer medidas tanto xerais como específicas, de seguridade e prevención para o desenvolvemento da actividade sectorial na nova normalidade. Que todos os locales do noso Concello teñan máquina de ozono, material sanitario ou un protocolo de actuación será moi importante para conseguir algo elemental: que todos os veciños e visitantes teñamos confianza”, continúa o rexedor.

Así, vaise poñer en marcha un “plan estratéxico” con dúas medidas principais destinadas a todos os máis de 25 establecementos e locales do municipio abertos ao público: “subvencións para adquisición de máquinas de ozono para desinfección (subvención ao 70% do custo elixible) e subvencións para a adquisición de equipos de protección individual (máscaras, traxes, gorros, luvas, pantallas de protección persoal, alcoholes, desinfectantes sanitarios,..). Subvención ao 100% do custe elexible, cun límite máximo de 100,00€/establecemento”, tal e como se adianta dende o Concello da Veiga.

 

Un dos establecementos de hostalaría da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ademais, nunha segunda liña “enfocada directamente ao sector da hostelería e restauración, dado que é o sector que máis limitacións vai ter neste inicio estarían incluídas as seguintes”, prevense: “subvencións para adquisición de uniformes para hostelería e restauración (unha subvención ao 100% do custo elixible, cun límite máximo de 100,00€/establecemento), subvencións para a adquisición de envases de comida para levar desbotables ou gastos para promocionar a venta online, cun máximo de 100,00€ establecemento, e para “gastos xerais do local (aluguer, electricidade, etc) unha subvención ao 100% do custo elixible, cun límite máximo de 100,00€/establecemento”, segundo Juan Anta.

O prazo co que contan os establecementos para solicitar estas axudas é dende o día 11 de maio ata o 18 de maio. A solicitude poderá presentarse no Concello da Veiga reservando cita previa no tfno. 988 35 00 00. A contía máxima por solicitante establecerase nas bases.

 

Juan Anta, alcalde da Veiga.

Finalmente, o alcalde veigués indica que “a todos os establecementos comunicarémoslle que, tanto para recibir as subvencións como para apertura dos seus locais, deben cumprir uns protocolos de hixiene e saúde que o Concello lle entregará a cada un deles de maneira individualizada. Ademais estableceremos puntos negros nos que podamos todos mellorar asesorados por un profesional”.

Xunto con este plan, o Concello porá en marcha neste mes de maio outras medidas “enfocadas aos demais sectores do concello tales como a gandería, construción, apicultura, agricultura, etc. “O obxetivo é claro, A Veiga lugar seguro, destino protexido e como sempre todos/as xuntos/as”, conclúe Juan Anta.

Artigos relacionados

Back to top button