ConcellosÚltima hora

A Veiga aproba un orzamento de 1.159.000 euros para o 2019

Este será o ano da posta en funcionamento do Observatorio Astronómico, “do despegue do turismo e de todo o que engloba, sobre todo a nivel local pero tamén a nivel supramunicipal”, segundo o alcalde Juan Anta
Concello da Veiga.

O Concello da Veiga vén de aprobar un orzamento de 1.159.000 euros para este ano 2019, tal e como vén de informar esta entidade local a través dunha nota de prensa. No orzamento o Concello incide nos sectores apícola e gandeiro, “incrementando a partida orzamentaria ata os máis de 19.000 €. Para os gandeiros contémplanse axudas para poder mellorar a rendabilidade das suas explotacións. Igualmente debemos avanzar co proxecto apícola para conseguir que sexa un dos motores de desenvolvemento local e económico dos veciños polo que pretendemos adquirir nova maquinaria, participar en feiras así como mellorar a calidade da mel e os seus derivados”, sinala o alcalde veigués, Juan Anta.

Na área de desenvolvemento rural, na que se realizará un obradoiro local de emprego e unha serie de actividades para a posta en valor de produtos locais, “contamos cunha partida de 11.000 €. Estas medidas poderían supoñer unha importante alternativa de cara á formación e práctica en áreas relacionadas cos recursos do territorio. Elaboraremos o primeiro obradoiro local tendo en conta as demandas dos nosos emprendedores e contemplando axudas para contratación”, continúa o rexedor.

Outro dos referentes do orzamento serán as infraestruturas municipais, cun incremento nas partidas destinadas a elas, e tamén o turismo. “O ano 2019 será o da posta en funcionamento do Observatorio Astronómico da Veiga, o despegue do turismo e de todo o que engloba, sobre todo a nivel local pero tamén a nivel supramunicipal”, segundo o alcalde.

Tamén se apostarpá pola investigación, a ciencia e a súa aplicación ao territorio. “Será unha nova liña de traballo prioritaria para impulsar as relacións entre a ciencia e a actividade agroforestal-gandeira que se desenvolve no territorio. Vertebrar o mesmo a través do coñecemento científico, asesorando nun mellor aproveitamento do territorio e creando novos viveiros de negocio. Fomentar novas liñas de investigación e deseño de proxectos piloto ligados a esas liñas. Todo esto pasa por establecer liñas de colaboración non só coas Universidades, senón tamén con Escolas, Colexios Profesionais, Centros de Transformación, etc. O obxetivo claro: que a Veiga sexa un verdadeiro vivero de empresas dende a ciencia e a formación”.

Artigos relacionados

Back to top button