A Veiga celebra as II Xornadas de Astroturismo

O programa deste foro comezará na tarde do 11 de setembro e continuará ata o 13 de setembro
Participantes nunha actividade de astroturismo realizada na Veiga en agosto./ Foto: Óscar Blanco.

Participantes nunha actividade de astroturismo realizada na Veiga en agosto./ Foto: Óscar Blanco.

A Veiga aposta por converterse nun referente en turismo astronómico a nivel español. En agosto o concello recibía o documento que acredita a Trevinca, o teito de Galicia, como un dos catorce lugares do mundo e o único de Galicia que conta coa certificación de destino turístico “Starlight”. Este recoñecemento (cuxo sistema de certificación é avalado pola Unesco, pola Unión Astronómica Internacional e pola Organización Mundial de Turismo) converte a este macizo nun lugar visitable con boas condicións para a contemplación de estrelas e protexido de contaminacion lumínica, sendo, polo tanto, apto para acoller iniciativas de astroturismo.

Nesta liña inscríbense ademais eventos como “AstroTrevinca”, unhas xornadas de astroturismo cuxa segunda edición terá lugar do 11 ao 13 de setembro. O seu programa abrirase cunha ponencia sobre a recente concesión da certificación “Starlight”. Será impartida polo asesor astronómico Óscar Blanco o 11 de setembro ás 19:30h. na sala de conferencias do Toural. De seguido, os participantes acudirán a unha cea, tras a cal, ás 21h., levarase a cabo unha observación astronómica no miradoiro estelar “A Tablilla das Lagoas”.

Cartaz das xornadas.

Cartaz das xornadas.

Ao día seguinte, 12 de setembro, a xornada comenzará ás 11h. na biblioteca da Veiga coa conferencia “Curiosidade, Sr. Spock, insaciable curiosidade (literatura estelar)” da escritora Estíbaliz Espinosa. Despois, Mario García falará sobre a “Posibilidade de vida en exoplanetas baseada en fluídos diferentes á auga” e Óscar Blanco exporá o tema “Auroras, a maxia do ceo. Experiencias en Laponia e Islandia”. A actividade da mañá completarase cunha observación solar con telescopio de hidróxeno alfa. E, pola tarde, haberá unha nova ponencia, titulada “Postal Planetaria”, da man de Borja Tosar. Xa ás 21h. farase outra observación astronómica.

O programa da segunda edición de AstroTrevinca completarase o día 13 ás 11:30h. na biblioteca veiguesa co desenvolvemento do obradoiro “O ceo ao alcance da man”, impartido por Xoán Antón Leiro e Emilio Castro Otero.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil de setembro

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies