A VeigaConcellosÚltima hora

A Veiga creará unha web para informar sobre as vivendas dispoñibles no municipio

Trátase de vivendaveiga.gal, que se prevé poñer en funcionamento en breve, tal e como adianta o Concello

Panorámica do Concello da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

En breve entrará en funcionamento vivendaveiga.gal, unha páxina web “para informar sobre as vivendas dispoñibles no termo municipal, así como as axudas e os empresarios da construción”, tal e como indica o Concello da Veiga, promotor da iniciativa.

A través deste portal preténdese mellorar a información existente de vivendas en venda ou arrendamento, construtores e profesionais de servizos complementarios do sector da construción e da rehabilitación. Esta web incluirá información do rexistro público “Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia” e do “Rexistro de Particulares” que se inscriban no Concello de A Veiga.

Neste senso, dende esta administración local matízase que poderán solicitar a inclusión nesta web: persoas propietarias de vivendas ou edificacións en venda, persoas propietarias de vivendas para o seu arrendamento, construtores, profesionais do sector de albanelería, carpintería, fontanería, electricidade, arquitectura ….

Todas as persoas interesadas poderán rexistrarse dende hoxe 24 de xullo de 2020, na oficina do Servizo Social. “As persoas propietarias que se inscriban poderán ter: bonificación no IBI (Imposto de Bens Inmobles) e no ICO (imposto de Construción) e poderán obtar a subvencións para realizar memorias técnicas, aluguer, etc.”, indica o Concello.

O obxectivo destas axudas será “recuperar casas abandonadas e ampliar as vivendas en aluguer, dada a importante demanda das mesmas. Xunto coa creación de emprego nas empresas locais”.

Artigos relacionados

Back to top button