ConcellosEn portadaRubiáÚltima hora

A Veiga de Cascallá (Rubiá), afectada por unha tormenta que arrastra os restos do incendio

 

Dúas semanas despois da devastación deixada polas chamas na Veiga de Cascallá, esta localidade de Rubiá vén de resultar agora afectada por unha forte tormenta que descargaba nesta tarde e que arrastraba os restos do incendio, con desprendementos que cortaba o acceso dende Veiga ao Castelo e ao Barrio, tamén no municipio de Rubiá.

“O outro día afougounos o lume e o fume e agora afóganos a auga e a tormenta que veu, isto é impresionante”, comenta un dos veciños desta localidade.

Nestes vídeos, cedidos pola veciñanza e cuxa cesión agradecemos, pode comprobarse os efectos e danos causados por esta treboada.

https://youtube.com/shorts/zgWP_donKUk?feature=share

https://youtube.com/shorts/ev93JTJ3u2k?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button