ConcellosÚltima hora

A Veiga gana o premio “Galicia Parabéns 2019”

Lograba este galardón, dotado con 400.000 euros, polo proxecto “Integración do encoro de Prada no núcleo rural de A Veiga”, presentado polo Concello

A actuación “Integración do encoro de Prada no núcleo rural de A Veiga”, presentada polo Concello da Veiga ao Premio Galicia Parabéns na súa primeira categoría resultaba premiado cunha de 400.000 € a executar en dúas anualidades (2019 e 2020), segundo se vén de informar a través de nota de prensa dende o Concello. Este galardón outórgao Turismo de Galicia.

“O obxeto de este concurso era por un lado o recoñemento dunha traxectoria social e por outro o arranxo e adecuación de nucleos urbanos degradados. A filosofía de este premio e a de embelecemento do pobo e a posta en valor dunha traxectoria dos últimos anos. Esta categoría está destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións realizadas nos últimos anos para conseguir unha mellora da paisaxe, unha integración adecuada na
mesma de elementos antrópicos ou da propia mellora estética dos núcleos poblacionais, como é o caso da Veiga”, segundo alcalde da Veiga, Juan Anta

O ámbito da actuación premiada está centrado na rehabilitación da Praza do Toural e mellora dos accesos, e adecuación do entorno das Casas Escola de nenos, e mellora do entorno da Igrexa Santa María da Veiga e rúas lindantes. “Entendo que é unha gran nova para A Veiga premiando un proxecto o que aspiraban todos os concellos de Galicia. É un premio para un proxecto que pretende seguir transformando o noso pobo e do cal todos os veciños son parte e se deben sentir orgullosos. A actuación será executada durante as anualidades 2019 e 2020 na que o Concello non terá a obriga de facer ningunha aportación”, engade o rexedor.

 

Artigos relacionados

Back to top button