ConcellosÚltima hora

A Veiga homenaxeará ás mulleres de referencia na historia galega

Será o 9 de marzo no marco da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora
Cartaz dos actos da celebración do Día da Muller no Concello da Veiga.
Cartaz dos actos da celebración do Día da Muller no Concello da Veiga.

Dous serán os actos centrais cos que se celebrará o vindeiro 9 de marzo no Concello da Veiga o Día Internacional da Muller Traballadora. O primeiro deles terá lugar ás once da mañá. Procederase a dar lectura a un “manifesto en favor da igualdade de oportunidades”. Ademais, as mulleres veiguesas “deixarán a súa pegada no chan xunto cunha frase na praza do Toural como símbolo de unidade”, tal e como se adianta dende o Concello da Veiga.

Despois, ás 12h. os participantes nestes actos dirixirán os seus pasos cara o Paseo do Encoro. Alí renderase unha homenaxe ás mulleres galegas que deixaron a súa pegada na historia mediante a plantación do “Bosque das Marías” nese mesmo lugar. Con esta denominación pretende reunirse os nomes femininos que constitúen unha referencia na historia galega: María Pita, María Gómez “Maruja Mayo”, María Castaña, María Quiroga, María Corredoira, etc.

Artigos relacionados

Back to top button