ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Veiga lembra con árbores ás mulleres da historia galega

A plantación do “Bosque das Marías” era un dos actos celebrados o 9 de marzo para conmemorar o Día da Muller

Coa lectura dun manifesto “en favor da igualdade de oportunidades” comezaban na mañá do pasado 9 de marzo na Veiga os actos do Día Internacional da Muller Traballadora no Concello. De seguido, as asistentes desprazábanse ata a praza do Toural, onde deixaban impresa en letras rosas a frase: “Son a muller que me dá a gana de ser”.

Despois, ao redor das doce, encamiñábanse cara o Paseo do Encoro. Alí realizaban unha plantación de árbores co obxectivo de render unha homenaxe ás mulleres galegas que deixaron a súa pegada na historia co “Bosque das Marías”. Con esta denominación pretende reunirse os nomes femininos que constitúen unha referencia na historia galega: María Pita, María Gómez “Maruja Mayo”, María Castaña, María Quiroga, María Corredoira, etc.

Tras os labores de plantación, repoñían forzas cuns pinchos ao pé do encoro.

Fotos: Concello da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button