Galerías de fotosÚltima hora

A Veiga, punto de encontro moteiro

Unhas 200 motos asistían á Motoxeada, a invernal galega, organizada polo colectivo Balas Rasas

Non nevou, pero a chuvia e o vento non daban tregua. Aínda así, na fin de semana do 13 e 14 de decembro os amantes do mundo do motor dábanse cita na primeira edición da Motoxeada da Veiga, organizada polo colectivo moteiro Balas Rasas.

Tal como explican dende a organización, inscritas había 120 motos “pero por alí pasaríanse sobre duascentas e en torno ás trescentas persoas”. E iso que a previsión de neve botou para atrás a moitos que tiñan a intención de asistir, así que malia ser a primeira vez que se organizaba e tódolos problemas que tiveron (o venres o vento tiroulles todo o que tiñan preparado e o sábado tiveron que partir de cero), “estamos satisfeitos co resultado e os asistentes marcharon contentos co trato e coa zona. Para nós foi un reto conseguir que toda esa xente se desprazase ata A Veiga, a 900 metros, un 13 de decembro”.

A maiores da concentración, con moteiros de diferentes puntos de España e algúns de Portugal, na fin de semana tamén se celebrou un “Bike show”, un concurso estético de motos customizadas no que participaron 14 motos, da Coruña, Ourense e León.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button