ConcellosÚltima hora

A Veiga recupera Trevenatio

O certame, que incluirá unha mostra de artesanía e multitude de actividades deportivas, terá como escenario a Praia dos Franceses os días 19 e 20 de xullo
A Praia dos Franceses será escenario de Trevenatio na Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.
A Praia dos Franceses será escenario de Trevenatio na Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Veiga recupera a súa feira de turismo, deporte e natureza. Trevenatio volverá a celebrarse ás beiras do fermoso encoro de Prada na fin de semana do 19 e 20 de xullo, tras unha paréntese dun ano. O certame manterá a filosofía e plantexamento de anteriores edicións, segundo adiantan dende o Concello da Veiga, responsable da súa organización. Apostarase polo fomento dos deportes, das actividades de natureza e de caza, así como pola promoción dos principais atractivos turísticos deste concello de alta montaña.

A mostra, situada na Praia dos Franceses, contará cunha serie de stands con exposición e venda de diversos produtos de artesanía e gastronomía. O programa incluirá tamén un amplo abano de máis de vinte actividades paralelas pensadas para todo tipo de públicos. Entre elas figuran un curso de seguridade na caza, unha exhibición de agility, exposición canina, unha proba de caza menor, por grupos, un espectáculo de exhibición e doma clásica de cabalos, tiro ao prato, campionato de pesca curricán ou piragüismo.

O sábado 19 de xullo a partires das oito da tarde haberá desfile de folións e pola noite actuará o grupo folk Coanhadeira.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button