EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A Veiga vaise de pinchos nunha exitosa ruta

Máis de 200 persoas participaban neste percorrido gastronómico celebrado na tarde do 12 de agosto

Cartón en man, os participantes na I Ruta dos Pinchos da Veiga iniciaba este traxecto gastronómico dende As Chairas ao redor das oito da tarde do 12 de agosto. Era o primeiro dos locais de hostalaría participantes neste circuíto gastronómico organizado polo Concello da Veiga e que reunía a máis de 200 persoas. A partir de aí o traxecto discurría por outros cinco establecementos veigueses: Río Xares, FonteVella, Yáñez, Laila e Trevinca.

Para participar tan só había que mercar un carón, ao prezo de 12 euros, que permitía degustar os deliciosos pinchos elaborados en cada un dos locais, incluíndo tamén unha consumición consumición (auga, viño ou cervexa). A festa continuaba despois a medianoite cunha discoteca móbil no Retiro.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button