CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A verinesa Sara Salgado, entre as mellores do mundo de cálculo mental

A alumna do CEIP Amaro Refojo, conseguiu o 1º posto na súa categoría nos campionatos internacionais “SuperTmatik”
Sara e o director do centro foron recibidos no Concello de Verín polos concelleiros Emilia Somoza e Diego Lourenzo.

Con só 9 anos Sara Salgado, alumna de 4º de  Primaria do CEIP Amaro Refojo de Verín, vén de demostrar a súa capacidade e habilidade mentais ao conseguir o primeiro posto, entre os 28.000 participantes na súa categoría, nos campionatos escolares internacionais “SuperTmatik” de cálculo.

A posición de Sara (00:00:39:11) con máis de 1 segundo de diferenza co subcampión e máis de 10 co cuarto clasificado, encheron de orgullo aos seus familiares, compañeiros e profesores, en especial, ao seu titor e director do centro, Ricardo Rodríguez, que manifestou o seu “orgullo polos resultados obtidos pola nena”.

A menor e o director do centro eran recibidos na mañá do 12 de xuño no Concello de Verín por Emilia Somoza, concelleira de Educación e Diego Lourezo, concelleiro de Mocidade, quen quixo destacar “o gran orgullo que para os nosos cidadáns supón contar cunha verinesa entre os mellores do mundo en cálculo mental”.

Dirixida a alumnos do ensino básico de escolas públicas e privadas, a “SuperTmatik” celébrase a nivel mundial vía Internet e nel participaron 435.275 alumnos de 46 nacionalidades diferentes divididos en 9 categorías. A clasificación realízase co mellor tempo conseguido polos participantes nos tres intentos cos que contan para resolver as 15 probas con operación combinadas ás que se enfrontan.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close