EconomíaEconomíaÚltima hora

A VI edicición da Festa do Botelo do Barco en Vigo quenta motores

A cita gastronómica será o vindeiro 7 de marzo no Restaurante Hotel Coia da cidade olívica

O alcalde do Barco servindo botelo ao de Vigo na anteior edición da festa. /Foto cedida.

 

Un ano máis e xa van seis, o Restaurante Hotel Coia acollerá o vindeiro 7 de marzo a Festa do Botelo do Barco en Vigo, contando entre os asistentes co alcalde de Vigo, Abel Caballero e a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, ademais do alcalde do Barco Alfredo García e a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta, así como veciños de Valdeorras que non perden unha edición.

O menú, que se mantén nos 28 euros, incluirá empanada de maravallas, sopa de cocido, botelo e chourizos con repolo e cachelos, ademais de torta de roxóns e bica, na sobremesa. Para beber viños da Denominación de Orixe Valdeorras ou auga, café e augardentes.

Máis información e reservas no teléfono: 986 201 820.

 

Artigos relacionados

Back to top button